martes, 19 de marzo de 2019

ENTROIDO

O día 1 de marzo celebramos a chegada do Entroido cun desfile de disfraces no pavillón. Este ano, o tema elixido foi "O mar". Aquí podedes ver un resume que dá boa conta do ben que o pasamos todos. Moitas grazas ás familias pola vosa participación e colaboración.

DESFILE DO ENTROIDO


Durante esa semana tamén nos divertimos moito seguindo os mandados do Meco.


venres, 15 de marzo de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o Día de Rosalía (24 de febreiro) recitando algúns dos seus poemas na biblioteca e ilustrando outros cos que ambientamos os corredores do colexio. Tamén recibimos a visita da escritora burelá Antía Yáñez e colaboramos co CEIP de Cervo no proxecto "As linguas de Rosalía", no que se recitaba en diferentes idiomas o poema "Has de cantar", de Cantares Gallegos.



Visita de Antía Yáñez

Podemos ver aquí un resume do paso de Antía polo noso colexio.

DÍA DA PAZ


Aquí vos deixamos o vídeo da canción "Don Melitón", de Malvela, que bailamos todos xuntos no pavillón. Moitas grazas a Roi, o mestre de Música por coordinar aos 19 grupos.