domingo, 1 de setembro de 2019
BENVIDA AO CURSO 2019-20
Un saúdo a todos e todas. Xa estamos de volta para iniciar un novo curso que seguro nos vai deparar grandes sorpresas e satisfaccións. Para ir entrando en materia, deixámosvos a revista Nordés, que recolle unha boa parte do traballo do curso pasado.
domingo, 16 de xuño de 2019
LETRAS GALEGAS 2019
Este ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Antonio Fraguas. Nós celebrámolo con algo de retraso, pero non por iso con menos entusiasmo. Houbo actuacións moi variadas que esperamos fosen do gusto de todo o público. Aquí vos deixamos un resume.
domingo, 5 de maio de 2019
ANXO MOURE 2019
O pasado venres 3 de maio, os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria disfrutaron da actuación do escritor e contacontos Anxo Moure, que, dun xeito moi divertido, lles transmitiu actitudes de respecto e coidado ao medio ambiente.
domingo, 28 de abril de 2019
DÍA DO LIBRO
Como xa vén sendo habitual, celebramos o do Día do Libro cos apadriñamentos lectores. Os nenos e nenas máis grandes escolleron textos axeitados para os máis pequenos e foron polas súas aulas para lérllelos. Vemos aquí os que pasaron polo edificio de Infantil.
ACTUACIÓNS MUSICAIS
Recentemente tivemos a sorte de disfrutar da actuación de dous estupendos grupos de Burela . O primeiro foi Batuko Tabanka, que nos achegou á cultura caboverdiana coa súa música. O segundo foi Dambara, que, acompañado por Acordeonistas da Mariña, ofreceunos un repertorio de temas tradicionais que nos encantou.
martes, 19 de marzo de 2019
ENTROIDO
O día 1 de marzo celebramos a chegada do Entroido cun desfile de disfraces no pavillón. Este ano, o tema elixido foi "O mar". Aquí podedes ver un resume que dá boa conta do ben que o pasamos todos. Moitas grazas ás familias pola vosa participación e colaboración.
venres, 15 de marzo de 2019
DÍA DE ROSALÍA
Celebramos o Día de Rosalía (24 de febreiro) recitando algúns dos seus poemas na biblioteca e ilustrando outros cos que ambientamos os corredores do colexio. Tamén recibimos a visita da escritora burelá Antía Yáñez e colaboramos co CEIP de Cervo no proxecto "As linguas de Rosalía", no que se recitaba en diferentes idiomas o poema "Has de cantar", de Cantares Gallegos.
DÍA DA PAZ
Aquí vos deixamos o vídeo da canción "Don Melitón", de Malvela, que bailamos todos xuntos no pavillón. Moitas grazas a Roi, o mestre de Música por coordinar aos 19 grupos.
domingo, 13 de xaneiro de 2019
FESTIVAL DE NADAL
Este festival estivo cheo de estupendas actuacións de tódolos grupos de Infantil e Primaria, desde coreografías a interpretación de temas instrumentais, pasando por panxoliñas de creación propia, teatro, poemas e todo tipo de cancións de temática navideña.
VISITA DE PAPÁ NOEL
Papá Noel e o Carteiro Real visitáronnos o día anterior ao comezo das vacacións de Nadal. Papá Noel trouxo agasallos para os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria e o Carteiro Real recolleu as cartas para as Súas Maxestades nunha caixa de correos especial que levaba na súa bicicleta.
FESTA DO OUTONO
En Infantil celebramos a festa do outono coa degustación de diferentes froitos desta estación aportados polas familias. Todos xuntos cantaron "A castaña Toniña".
MAGOSTO
O magosto de Primaria xa é unha tradición no Virxe do Carme. Coma sempre, houbo degustación de castañas asadas e moitos xogos.
SAMAÍN
Decoración tenebrosa, historias de medo creadas nas aulas e exposición de cabazas foron os elementos que caracterizaron o noso samaín.
PRIMEIRO TRIMESTRE 2018-19
Iniciado xa o novo ano, queda atrás un primeiro trimestre longo e laborioso, pero tamén moi gratificante. Queremos resumir aquí, en imaxes, as nosas celebracións (Samaín, Magosto e Nadal) para sermos conscientes de que co esforzo e o traballo en equipo pódense facer grandes cousas.