venres, 24 de decembro de 2021

FELICITANDO O NADAL

Deixámosvos aquí unha felicitación moi musical preparada polo profe Roberto e na que participa todo o alumnado do colexio. Para vela premede sobre esta ligazón.
 Felices festas!!!


xoves, 23 de decembro de 2021

BO NADAL

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme deséxavos felices festas!

Queremos facelo con este vídeo que, ademais de amosarvos algúns traballos realizados nestas datas, tamén  resume o paso do Apalpador polo noso cole. Foi unha visita moi esperada polos nenos e nenas, que disfrutaron coas súas historias e recibiron agasallos. Dámoslle mil grazas por pasar por primeira vez polo cole dos Castros. Esperamos que non sexa a última.






venres, 26 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

O pasado venres 19 de novembro celebramos o magosto no cole. Ademais de comer as castañas asadas, o alumnado de primaria participou en diferentes xogos. Aquí vos quedan unhas imaxes da actividade coa música de Brinca Vai.


Os nenos e nenas de infantil tiveron unha degustación de froitas do outono. Que rico estaba todo!.    Tamén se divertiron xogando coas castañas no patio.
Se premedes na ligazón podedes ver un pequeno resumo do día.




martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021: EXPOSICIÓN DE CABAZAS E VASOIRAS

Abrimos o blog de Dinamización da Lingua Galega neste curso 2021-2022 coa celebración do samaín no colexio. Presentámosvos unha mostra do que foron as exposicións de vasoiras en primaria e cabazas en infantil. Temos que agradecer a colaboración e implicación das familias nesta actividade que tanto gusta ao alumnado e que por uns días nos permitiu convivir con trasnos, bruxas e morcegos, demostrando unha vez máis que o maxín non ten límites.




xoves, 17 de xuño de 2021

FACENDO CAMIÑO NO “VIRXE DO CARME”

 

Remata un curso que comezamos en setembro con incertidume e preocupación, mais tamén coas maletas cheas de ilusión e cunha enorme vontade por nos reencontrar de novo nas aulas. Pouco a pouco fomos facendo camiño e semana tras semana fomos resistindo e mantendo a nosa presenza no centro, grazas á colaboración de toda a comunidade escolar, que en todo o momento mantivo unha actitude exemplar e un grande sentido da responsabilidade.

 

Aínda que neste curso a educación musical estivo profundamente condicionada polas medidas anti-COVID, a nova normalidade evidenciou a importancia da música como elemento motivador e dinamizador da vida escolar. Por este motivo queremos compartir con todos e todas esta versión de Fago o camiño,  tema que podedes atopar no libro-disco O Veleiro Verde de Maria Fumaça.

 

Pensamos que esta canción transmite a ilusión e o entusiasmo co que vivimos a volta ás aulas e a necesidade de saír de novo aos patios e ás rúas para xogar á bola, á billarda, á chave, ao trompo ou coller as bicis para “facer camiño”.

 

Moitas grazas e agardamos que vos guste. Vémonos o próximo cursopara seguirmos facendo camiño!




luns, 14 de xuño de 2021

XORNAL ESCOLAR

 Xa está  aquí o xornal escolar deste ano.

 Para poder velo preme no texto  NORDÉS  2021.



venres, 21 de maio de 2021

 LETRAS GALEGAS 2021

Os profes de música do cole, Roberto e Ana fixeron esta peza orixinal cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º.





Tamén fixemos uns Dígocho eu! Agardamos, gostedes con eles.

Educación Infantil


1º  e  2º 




3º  e  4º 





5º  e  6º






luns, 8 de febreiro de 2021

ENTROIDO

Que viva o entroido!!

Aquí vos deixamos os mandatos do meco.


https://view.genial.ly/601ade07eb4c540d10a8db2c




luns, 11 de xaneiro de 2021

NADAL 2020

 Os Peques dos Castros e os mestres felicitan o nadal con esta peza de Mamá Cabra "A luz do Nadal".

  



Os mestres e mestras do noso CEIP felicitan deste xeito o Nadal.




Panxoliña creada e interpretada polo alumnado de 1º EP.


O alumnado de 4º curso de EP interpretaron "Volver a casa por Nadal"
.









O alumnado de 5º curso de EP interpretaron "O pelo roxiño".