domingo, 23 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

 Hoxe, domingo 23 de abril,  celébrase o Día do Libro. No colexio realizamos diversas actividades ao longo da semana para conmemoralo. Unha das que máis gustan ao alumnado e que repetimos cada curso son os apadriñamentos lectores. Os nenos e nenas maiores lenlles contos aos máis pequenos, converténdose así nos seus padriños lectores e madriñas lectoras.  


O venres 21 houbo unha sesión de contacontos a cargo do Grupo de Participación Adolescente do Concello de Burela. Estivo dirixida ao alumnado de Educación Infantil, que puido gozar coas aventuras do Oso Atrapabolboretas. Moitas grazas!



Igualmente,  agradecemos a colaboración ás persoas da comunidade educativa que, procedentes de diferentes países,  nos aproximaron ás súas tradicións culturais mediante unhas charlas nas aulas de Primaria. Senegal, Marrocos, Colombia, Cabo Verde e Perú foron os protagonistas .


Ningún comentario:

Publicar un comentario