mércores, 26 de setembro de 2018

BENVIDA AO CURSO 2018-19

Xa estamos aquí de novo. Despois dun merecido descanso, os nosos alumnos e alumnas inician un novo curso cheos de ilusión. Para nós é un verdadeiro pracer acompañalos nesta extraordinaria aventura. Queremos comezar cun resume das actividades do curso pasado recollidas na revista escolar Nordés, que, sen dúbida, aportarán unha boa dose de enerxía e motivación.