Amosando publicacións coa etiqueta magosto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta magosto. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

O pasado venres 19 de novembro celebramos o magosto no cole. Ademais de comer as castañas asadas, o alumnado de primaria participou en diferentes xogos. Aquí vos quedan unhas imaxes da actividade coa música de Brinca Vai.


Os nenos e nenas de infantil tiveron unha degustación de froitas do outono. Que rico estaba todo!.    Tamén se divertiron xogando coas castañas no patio.
Se premedes na ligazón podedes ver un pequeno resumo do día.




mércores, 11 de marzo de 2020

MAGOSTO 2020



Como cada curso celebramos o magosto cunha chea de actividades pero sen dúbida a que máis nos gusta é a gran xincana de xogos populares.
Aquí vos deixamos un vídeo.

domingo, 13 de xaneiro de 2019

MAGOSTO

O magosto de Primaria xa é unha tradición no Virxe do Carme. Coma sempre, houbo degustación de castañas asadas e moitos xogos.

venres, 8 de xuño de 2018

MAGOSTO

A celebración do magosto deixounos moi bo sabor de boca. Houbo xogos tradicionais e cooperativos, como a comba, a mariola, o baile da castaña, circuitos de noces, zancos, os birlos e moitos máis. Por suposto, non faltaron as castañas asadas.