xoves, 23 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023

Despois de cumprir durante toda a semana os mandados da Meca, chegou o día do desfile. O venres 17 saímos á rúa disfrazados, representando diferentes emocións:
  • 6º de Primaria:  medo (monstros)
  • 5º de Primaria: alegría (pallasos)
  • 4º de Primaria: calma (arcos da vella)
  • 3º de Primaria: sorpresa (agasallos)
  • 2º de Primaria: susto (zombis)
  • 1º de Primaria: euforia (futbolistas e corredores)
  • 6º de Infantil: amor (corazóns) 
  • 5º de Infantil: admiración (superheroes)
  • 4º de Infantil: tódalas emocións anteriores (emoticonos).

Cando voltamos ao colexio reunímonos no pavillón e máis tarde degustamos nas aulas as sobremesas típicas do Entroido aportadas polas familias. Moitas grazas pola colaboración. 



                                        

domingo, 5 de febreiro de 2023

MANDADOS DA MECA

Ide preparando todo o que precisedes para cumprir os mandados da Meca do día 13 ao 17.


DÍA DA PAZ 2023

Esta semana celebramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz con diversas actividades. Unha delas foi a investigación sobre o labor de distintas persoas e organizacións que recibiron o Premio Nobel da Paz. Os traballos do alumnado plasmáronse en carteis que se expuxeron nos corredores do centro.




Os nenos e nenas de Educación Infantil bailaron a canción  "Don Melitón" do grupo Malvela.

                                        


En Educación Primaria o alumnado de diferentes niveis combinou os seus esforzos para compoñer quebracabezas e realizar un mural.



xoves, 22 de decembro de 2022

NADAL 2022

Despois dunhas semanas de ilusión pola proximidade  do Nadal, por fin chegan as vacacións. Queremos compartir con toda a comunidade educativa uns vídeos para felicitarvos as festas. Agradecémoslle ao Apalpador a súa visita e os agasallos que nos deixou. Bo Nadal e feliz aninovo!!!

Alumnado de Primaria

 


Alumnado de Infantil



Visita do Apalpador

sábado, 26 de novembro de 2022

MAGOSTO 2022

 O pasado venres 18 celebramos o magosto no colexio. Foi unha festa xenial malia a chuvia. Este ano tivemos moita sorte , pois todo Primaria puidemos ver como preparaban e asaban as castañas no patio. A continuación  degustámolas e logo desfrutamos de xogos populares coma noutras ocasións. Moitas grazas á Asociación "Os Asadores" por colaborar con nós.

Aquí vos deixamos un vídeo que recolle momentos dese día.


   



 En Infantil degustamos froitas do outono e tamén participamos en diferentes xogos, que vos amosamos no seguinte vídeo.


mércores, 2 de novembro de 2022

SAMAÍN 2022

Este curso celebramos o samaín con distintas actividades que resultaron moi interesantes e motivadoras para todo o alumnado. En Primaria houbo unha exposición de portadas de libros de medo elaboradas polos nenos e nenas, mentres que en Infantil optaron pola xa clásica exposición de cabazas decoradas. Ademais, en cada aula creouse un personaxe terrorífico e inventouse a súa historia. Premendo na imaxe podedes ver un vídeo no que se recollen algunhas imaxes representativas
.