venres, 31 de xaneiro de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar este día o luns 25 de novembro, os nenos e nenas de 1ºA do noso colexio realizaron unha representación do conto "Rosa Caramelo" de Adela Turín. Aquí vos deixamos a súa actuación.













Tamén fixeron unha grabación con efectos de sonido para enviar a Radio Burela. Moitas grazas a
Karina Parga e Project Neo por brindarnos esta oportunidad. Podedes escoitalo AQUÍ

Samaín 2019

Son moitos os colexios que decoran os seus espazos con motivos do Samaín . No noso centro agradecemos a colaboración de todas as familias que crearon a súa cabaza ou o seu monstro con obxectos de refugallo.
Grazas a todos vós, os corredores do noso colexio locen asi de ben











Tamen tivemos en cada edificio un monstro comemedos, ao que lle entregamos todos os nosos medos



Máis do Samaín AQUÍ  e AQUÍ

domingo, 1 de setembro de 2019

BENVIDA AO CURSO 2019-20

Un saúdo a todos e todas. Xa estamos de volta para iniciar un novo curso que seguro nos vai deparar grandes sorpresas e satisfaccións. Para ir entrando en materia, deixámosvos a revista Nordés, que recolle unha boa parte do traballo do curso pasado.

domingo, 16 de xuño de 2019

VÍDEOS DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS













LETRAS GALEGAS 2019

Este ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Antonio Fraguas. Nós celebrámolo  con algo de retraso, pero non por iso con menos entusiasmo. Houbo actuacións moi variadas que esperamos fosen do gusto de todo o público. Aquí vos deixamos un resume.

domingo, 5 de maio de 2019

ANXO MOURE 2019

O pasado venres 3 de maio, os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria disfrutaron da actuación do escritor e contacontos Anxo Moure, que, dun xeito moi divertido, lles transmitiu actitudes de respecto e coidado ao medio ambiente.


domingo, 28 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

Como xa vén sendo habitual, celebramos o do Día do Libro cos apadriñamentos lectores. Os nenos e nenas máis grandes escolleron textos axeitados para os máis pequenos e foron polas súas aulas para lérllelos.  Vemos aquí os que pasaron polo edificio de Infantil.