venres, 22 de xuño de 2018
LETRAS GALEGAS
O día 16 de maio homenaxeamos a María Victoria Moreno cun festival na Casa da Cultura de Burela. Actuaron tódolos nenos e nenas, tanto de Infantil coma de Primaria e as familias puideron asistir como público. Puxéronse en escena dúas divertidas obras de teatro: "Ai mamasiña, que medo!" e "A outra historia de Carapuchiña Vermella", que mantiveron atentos mesmo aos máis pequenos. Non faltou a música, con bailes de diferentes temas en galego e a interpretación de cancións con letra de poemas de Manuel María. Por suposto, houbo un recordo especial á autora, salientando a súa obra. Rematamos coa interpretación do Himno do CEIP Virxe do Carme e o Himno Galego.