Remata
un curso que comezamos en setembro con incertidume e preocupación, mais tamén coas
maletas cheas de ilusión e cunha enorme vontade por nos reencontrar de novo nas
aulas. Pouco a pouco fomos facendo camiño e semana tras semana fomos resistindo
e mantendo a nosa presenza no centro, grazas á colaboración de toda a
comunidade escolar, que en todo o momento mantivo unha actitude exemplar e un
grande sentido da responsabilidade.
Aínda
que neste curso a educación musical estivo profundamente condicionada polas
medidas anti-COVID, a nova normalidade evidenciou a importancia da música como
elemento motivador e dinamizador da vida escolar. Por este motivo queremos
compartir con todos e todas esta versión de Fago o camiño, tema que podedes atopar no libro-disco O
Veleiro Verde de Maria Fumaça.
Pensamos
que esta canción transmite a ilusión e o entusiasmo co que vivimos a volta ás
aulas e a necesidade de saír de novo aos patios e ás rúas para xogar á bola, á
billarda, á chave, ao trompo ou coller as bicis para “facer camiño”.
Moitas grazas e agardamos que vos guste. Vémonos o próximo cursopara seguirmos facendo camiño!
Ningún comentario:
Publicar un comentario