mércores, 25 de marzo de 2020

Día da muller traballadora 2020

Os nenos e nenas de 1ªB estiveron a facer un gran traballo para conmemorar este día. Veleiquí tedes unhas fotos.

















martes, 24 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020




O desfile deste ano estivo adicado a "Culturas do mundo".


Outra actividade que fixemos e tivo moito éxito foi recuperar a tradición ourensá das "mascaritas". Isto é disfrazarso co primeiro que se encontra. Veleiquó tedes unhas fotos.












Día de Rosalía 2020





Para conmemorar o "Día de Rosalía" fixemos unha actividade que chamamos "Agasallos rosalianos". Cada nen@ escribiu un poema ou estrofa desta autora e decorouno ao seu gusto. Estes traballos repartíronse por varios comercios do noso pobo. O día 24 de febreiro os comerciantes agasallaban aos seus clientes cun destes traballos.
Pareceunos moi interesante dar a  coñecer a figura de Rosalía no noso pobo.
No video podedes ver unha pequena mostra dos traballos realizados.

Día da Paz 2020




O día da Paz fixemos varias actividades pero unha que abarcou a todo o centro foi un baile colectivo da canción africana Olelé.

Os nenos e nenas de quinto representaron con títeres o conto "Wangari e as árbores da paz".




domingo, 22 de marzo de 2020

NADAL 2019



Aquí vos deixamos unhas fotos do día que celebramos o festival de Nadal. Agardamos gostedes!

venres, 20 de marzo de 2020

CONTIDOS INFANTÍS E XUVENÍS NA REDE EN GALEGO

Sendo conscientes das horas que pasa a rapazada diante das tablets, móbiles ou ordenadores decidimos crear un díptico informativo con contidos na rede en galego.
Con isto NON  PRETENDEMOS  ANIMAR  a que pasedes máis horas con estes dispositivos senón mostrarvos outras posibilidades de uso e ampliarvos a oferta e que consumades contidos en galego.

Podedes DESCARGALO aquí.

mércores, 11 de marzo de 2020

MAGOSTO 2020



Como cada curso celebramos o magosto cunha chea de actividades pero sen dúbida a que máis nos gusta é a gran xincana de xogos populares.
Aquí vos deixamos un vídeo.