martes, 24 de marzo de 2020

Día de Rosalía 2020





Para conmemorar o "Día de Rosalía" fixemos unha actividade que chamamos "Agasallos rosalianos". Cada nen@ escribiu un poema ou estrofa desta autora e decorouno ao seu gusto. Estes traballos repartíronse por varios comercios do noso pobo. O día 24 de febreiro os comerciantes agasallaban aos seus clientes cun destes traballos.
Pareceunos moi interesante dar a  coñecer a figura de Rosalía no noso pobo.
No video podedes ver unha pequena mostra dos traballos realizados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario