O día 20 de novembro as 12:30 os nenos e nenas de primaria asistiron a un concerto didáctico a cargo do profesor de percusión da Escola de Música de Burela.
Neste concerto puidemos ver as combinacións entre os diferentes instrumentos de percusión e a música electrónica, as diversas posibilidades da música contemporánea actual (de compositores galegos) combinada con outras músicas máis populares e urbanas.
O programa estaba composto por 6 obras, abarcando instrumentos de parches como toms, bongós, caixa, bombo, pandeireta, instrumentos caseiros coma tubos metálicos, tixolas ou potas; ademáis de instrumentos melódicos como a marimba.
Os alumnos puideron explorar todas as posibilidades tímbricas desta gran familia de instrumentos a través das diferente formas de facelos sonar: mediante o uso de diferentes baquetas, variñas ou escobillas ou incluso cas propias mans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario