venres, 22 de xuño de 2018

LETRAS GALEGAS

O día 16 de maio homenaxeamos a María Victoria Moreno cun festival na Casa da Cultura de Burela. Actuaron tódolos nenos e nenas, tanto de Infantil coma de Primaria e as familias puideron asistir como público. Puxéronse en escena dúas divertidas obras de teatro: "Ai mamasiña, que medo!" e "A outra historia de Carapuchiña Vermella", que mantiveron atentos mesmo aos máis pequenos. Non faltou a música, con bailes de diferentes temas en galego e a interpretación de cancións con letra de poemas de Manuel María. Por suposto, houbo un recordo especial á autora, salientando a súa obra. Rematamos coa interpretación do Himno do CEIP Virxe do Carme e o Himno Galego. 


DÍA DO LIBRO

Na semana do 23 ao 27 de abril, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega colaborou co da Biblioteca da Tartaruga para a conmemoración do Día do Libro. Realizamos distintas actividades, coma o concurso "Adiviña que libro é"e os apadriñamentos lectores, que ilusionan especialmente a tódolos nenos e nenas do cole, xa que pon en contacto aos máis grandes cos máis pequenos para lerlles libros axeitados á súa idade. Este ano recibimos, tamén, a visita de Lucía Bouza, para falarnos de Manuel María e da historia dunha carta que lles enviou aos da súa clase cando ela estudaba neste colexio. Quedou unha copia exposta na nosa biblioteca.  

CONCURSO "DESEÑA A TÚA PORTADA"

Os nenos e nenas de Infantil e Primaria participaron no concurso "Deseña a túa portada", presentando debuxos alusivos ao concello traballado na súa clase durante este curso.


martes, 19 de xuño de 2018

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Este ano quixemos facer visible a súa obra de diferentes maneiras: os maiores recitáronlles aos máis pequenos algúns poemas da autora, ilustramos e expuxemos nas ventás os seus textos máis coñecidos, fixemos marcapáxinas, pequenos libriños manuscritos e fotografámonos ao seu carón grazas a unha imaxe dela realizada por 1º e 2º de Primaria. 


ENTROIDO

Durante a semana do Entroido, cada día trouxemos posto un elemento de disfrace (luns na cara, martes no pescozo, mércores na cabeza e xoves noutra parte do corpo). O venres foi o día principal e disfrazámonos do tema elixido este curso: estilos musicais. O pavillón dos Castros encheuse de colorido co desfile. Ao remate, os nenos e nenas de 6º de Primaria ofrecéronnos unhas estupendas coreografías, despois das cales puidemos disfrutar da degustación de doces típicos do Entroido aportados polas familias. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e participación.


venres, 15 de xuño de 2018

DÍA DA PAZ

Celebramos o Día da paz realizando murais alusivos, vendo videos relacionados coa educación en valores e cantando todos xuntos.

domingo, 10 de xuño de 2018

NADAL INFANTIL 2017

Coma en anos anteriores, Papá Noel achegouse ao patio de Infantil para saudar e ofrecer uns agasallos aos máis pequenos do cole. Veu acompañado polo Carteiro Real, que levaba na súa bicicleta unha caixa de correos para  recoller as cartas dirixidas ás Súas Maxestades. 
Tamén nos caracterizamos de Reis Magos para escenificar a canción "Xa me tardan estes magos", de Mamá Cabra. 


venres, 8 de xuño de 2018

FESTIVAL DE NADAL

Antes de irnos de vacacións de Nadal, reunímonos  na Casa da Cultura de Burela para celebrar un festival no que actuaron tódolos nenos e nenas do colexio. Houbo panxoliñas, teatro, contos e bailes. As familias puideron disfrutar desta actividade asistindo como público.

FESTA DO OUTONO

Os nenos e nenas de Infantil despediron o outono cunha festa na que, ademais de degustar froitos típicos da estación, saíron ao escenario para interpretar cancións de temática outonal. 

MAGOSTO

A celebración do magosto deixounos moi bo sabor de boca. Houbo xogos tradicionais e cooperativos, como a comba, a mariola, o baile da castaña, circuitos de noces, zancos, os birlos e moitos máis. Por suposto, non faltaron as castañas asadas.