Durante o mes de novembro estivemos facendo traballos de investigación sobre mulleres galegas na ciencia para despois facer unha exposición nos corredores do colexio. Aquí podedes ver como quedou.
domingo, 27 de decembro de 2020
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
Deixámosvos un video cunha entrevista ás cientificas que estudaron os nenos e nenas de 2º curso de Educación Primaria.
25 N
Ola rapaciños aquí vos deixamos unha pequena mostra dos traballos que estivemos a facer para conmemorar este día.
Nesta ocasión traballamos o Día Internación contra a Violencia de Xénero a través dos contos.
25N no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme
mércores, 25 de novembro de 2020
A FAMILIA ADAMS
Para entretenerse un pouco neste samaín tan atípico nada mellor que coñecer a esta familia da man do profesorado de 3º, 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria.
venres, 30 de outubro de 2020
SAMAÍN EN INFANTIL
Aquí vos deixamos un enlace para que vexades os marabillosos contos que nos relataron os nenos e nenas de Infantil.
Pinchade no enlace e quedaredes impresionados!
xoves, 29 de outubro de 2020
A figueira de Pelostortos
Aquí vos deixamos este conto interpretado por todo o profesorado de 1º e 2º de Educación Primaria.
luns, 26 de outubro de 2020
SAMAÍN
Nenos e nenas.... temos unha misión que cumplir.
Escoitade ben a esta bruxa eeee..... se queredes salvar a Carmiña seguide as súas indicacións.
martes, 9 de xuño de 2020
Día do Medio Ambiente 2020
Aquí vos deixamos un traballo feito polos nenos de nenas de primeiro e segundo para conmemorar este día.
Trátase de animais feitos con obxectos de refugallo.
Agardamos gostedes.
luns, 18 de maio de 2020
A PALABRA MÁIS FERMOSA
Ola chic@s aquí vos deixamos un vídeo con todas as palabras que nos enviastes durante a semana das letras galegas.
Agardamos vos guste o resultado.
Agardamos vos guste o resultado.
sábado, 16 de maio de 2020
PRIMEIRA ÓPERA EN GALEGO
Tivemos que esperar ata o s.XXI para poder desfrutar dunha ópera en galego.
"A amnesia de Clío" estrenouse o 10 de novembro no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
Está composta por Fernando Buíde e escrita polo dramaturgo Fernando Epelde, conta con Marta Pazos como directora escénica e con Paul Daniel na dirección musical.
Está realizada pola compañía Voadora en coprodución co Consorcio da Música de Santiago, a través da Real Filharmonía de Galicia, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e o Centro Dramático Galego, ademais da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago.
Na véspera do Día das Letras, a G2 estrea, en primicia en televisión ás 23.00 horas esta ópera
Ademáis teremos a posibilidade de ver un segundo pase na TVG ao día seguinte, tamén en horario de noite.
venres, 15 de maio de 2020
BINGO DAS LETRAS GALEGAS
Ola chic@s, para que pasedes un fin de semana entretidos cas Letras Galegas aquí vos deixamos un "Bingo" para xogar en familia.
É un bingo no que se fala de diferentes homenaxeados neste día.
Está deseñado de forma que se poida empregar ben unha ruleta co número de homenaxeados, ben unha ruleta cos nomes.
Na seguinte ligazón podedes atopar:
- Guía dos homenaxeados co seu número correspondente.
- PDF con tódolos cartóns.
- Cartafol cos cartóns individuais.
- PDF con tarxetas de preguntas que elaboraron as profes e os alumnos do noso centro. A nosa proposta é que aquel que complete liña ou cartón, elixa a un compañeiro para facerlle unha destas preguntas.
Esperamos que o disfrutedes!
martes, 12 de maio de 2020
domingo, 10 de maio de 2020
PROPOSTA DE TRABALLO PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
No noso colexio para celebrar este día tan sinalado no calendario escolar propoñémos a todo alumnado e as súas familias a seguinte actividade: "A miña palabra preferida".
Pinchade nas imaxes para acceder a explicación da actividade.
Adiante falimias, esperamos as vosas aportacións !!
Pinchade nas imaxes para acceder a explicación da actividade.
Adiante falimias, esperamos as vosas aportacións !!
RICARDO CARBALLO CALERO
Aquí vos deixamos un enlece a Calaméo onde poderedes consultar, dunha máis visual, a biografía deste autor homenaxeado nas Letras Galegas deste 2020.
Agardamos gostedes.
Agardamos gostedes.
MES DAS LETRAS GALEGAS
O mes de maio está ligado á celebración das letras galegas e este ano no vai ser menos.
Neste 2020 este día está dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
Preme para acceder a súa vida e obra.
Neste 2020 este día está dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
Preme para acceder a súa vida e obra.
mércores, 25 de marzo de 2020
Día da muller traballadora 2020
Os nenos e nenas de 1ªB estiveron a facer un gran traballo para conmemorar este día. Veleiquí tedes unhas fotos.
martes, 24 de marzo de 2020
ENTROIDO 2020
O desfile deste ano estivo adicado a "Culturas do mundo".
Outra actividade que fixemos e tivo moito éxito foi recuperar a tradición ourensá das "mascaritas". Isto é disfrazarso co primeiro que se encontra. Veleiquó tedes unhas fotos.
Día de Rosalía 2020
Para conmemorar o "Día de Rosalía" fixemos unha actividade que chamamos "Agasallos rosalianos". Cada nen@ escribiu un poema ou estrofa desta autora e decorouno ao seu gusto. Estes traballos repartíronse por varios comercios do noso pobo. O día 24 de febreiro os comerciantes agasallaban aos seus clientes cun destes traballos.
Pareceunos moi interesante dar a coñecer a figura de Rosalía no noso pobo.
No video podedes ver unha pequena mostra dos traballos realizados.
Día da Paz 2020
O día da Paz fixemos varias actividades pero unha que abarcou a todo o centro foi un baile colectivo da canción africana Olelé.
Os nenos e nenas de quinto representaron con títeres o conto "Wangari e as árbores da paz".
domingo, 22 de marzo de 2020
NADAL 2019
Aquí vos deixamos unhas fotos do día que celebramos o festival de Nadal. Agardamos gostedes!
venres, 20 de marzo de 2020
CONTIDOS INFANTÍS E XUVENÍS NA REDE EN GALEGO
Sendo conscientes das horas que pasa a rapazada diante das tablets, móbiles ou ordenadores decidimos crear un díptico informativo con contidos na rede en galego.
Con isto NON PRETENDEMOS ANIMAR a que pasedes máis horas con estes dispositivos senón mostrarvos outras posibilidades de uso e ampliarvos a oferta e que consumades contidos en galego.
Podedes DESCARGALO aquí.
Con isto NON PRETENDEMOS ANIMAR a que pasedes máis horas con estes dispositivos senón mostrarvos outras posibilidades de uso e ampliarvos a oferta e que consumades contidos en galego.
Podedes DESCARGALO aquí.
mércores, 11 de marzo de 2020
MAGOSTO 2020
Como cada curso celebramos o magosto cunha chea de actividades pero sen dúbida a que máis nos gusta é a gran xincana de xogos populares.
Aquí vos deixamos un vídeo.
martes, 10 de marzo de 2020
Concerto de instrumentos e música galega.
O día 20 de novembro as 12:30 os nenos e nenas de primaria asistiron a un concerto didáctico a cargo do profesor de percusión da Escola de Música de Burela.
Neste concerto puidemos ver as combinacións entre os diferentes instrumentos de percusión e a música electrónica, as diversas posibilidades da música contemporánea actual (de compositores galegos) combinada con outras músicas máis populares e urbanas.
O programa estaba composto por 6 obras, abarcando instrumentos de parches como toms, bongós, caixa, bombo, pandeireta, instrumentos caseiros coma tubos metálicos, tixolas ou potas; ademáis de instrumentos melódicos como a marimba.
Os alumnos puideron explorar todas as posibilidades tímbricas desta gran familia de instrumentos a través das diferente formas de facelos sonar: mediante o uso de diferentes baquetas, variñas ou escobillas ou incluso cas propias mans.
Neste concerto puidemos ver as combinacións entre os diferentes instrumentos de percusión e a música electrónica, as diversas posibilidades da música contemporánea actual (de compositores galegos) combinada con outras músicas máis populares e urbanas.
O programa estaba composto por 6 obras, abarcando instrumentos de parches como toms, bongós, caixa, bombo, pandeireta, instrumentos caseiros coma tubos metálicos, tixolas ou potas; ademáis de instrumentos melódicos como a marimba.
Os alumnos puideron explorar todas as posibilidades tímbricas desta gran familia de instrumentos a través das diferente formas de facelos sonar: mediante o uso de diferentes baquetas, variñas ou escobillas ou incluso cas propias mans.
venres, 31 de xaneiro de 2020
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Para conmemorar este día o luns 25 de novembro, os nenos e nenas de 1ºA do noso colexio realizaron unha representación do conto "Rosa Caramelo" de Adela Turín. Aquí vos deixamos a súa actuación.
Tamén fixeron unha grabación con efectos de sonido para enviar a Radio Burela. Moitas grazas a
Karina Parga e Project Neo por brindarnos esta oportunidad. Podedes escoitalo AQUÍ
Tamén fixeron unha grabación con efectos de sonido para enviar a Radio Burela. Moitas grazas a
Karina Parga e Project Neo por brindarnos esta oportunidad. Podedes escoitalo AQUÍ
Samaín 2019
Son moitos os colexios que decoran os seus espazos con motivos do Samaín . No noso centro agradecemos a colaboración de todas as familias que crearon a súa cabaza ou o seu monstro con obxectos de refugallo.
Grazas a todos vós, os corredores do noso colexio locen asi de ben
Máis do Samaín AQUÍ e AQUÍ
Grazas a todos vós, os corredores do noso colexio locen asi de ben
Tamen tivemos en cada edificio un monstro comemedos, ao que lle entregamos todos os nosos medos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)