sábado, 16 de maio de 2020

PRIMEIRA ÓPERA EN GALEGO




Tivemos que esperar ata o s.XXI para poder desfrutar dunha ópera en galego.

"A amnesia de Clío" estrenouse o 10 de novembro no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. 
Está composta por Fernando Buíde e escrita polo dramaturgo Fernando Epelde, conta con Marta Pazos como directora escénica e con Paul Daniel na dirección musical. 
Está realizada pola compañía Voadora en coprodución co Consorcio da Música de Santiago, a través da Real Filharmonía de Galicia, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e o Centro Dramático Galego, ademais da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago.

Na véspera do Día das Letras, a G2 estrea, en primicia en televisión ás 23.00 horas esta ópera
Ademáis teremos a posibilidade de ver un segundo pase  na TVG ao día seguinte, tamén en horario de noite.


venres, 15 de maio de 2020

BINGO DAS LETRAS GALEGAS

Ola chic@s, para que pasedes un fin de semana entretidos cas Letras Galegas aquí vos deixamos un "Bingo" para xogar en familia.
É un bingo no que se fala de diferentes  homenaxeados neste día.
Está deseñado de forma que se poida empregar ben unha ruleta co número de homenaxeados, ben unha ruleta cos nomes.

Na seguinte ligazón podedes atopar:

- Guía dos homenaxeados co seu número correspondente.
- PDF con tódolos cartóns.
- Cartafol cos cartóns individuais.
- PDF con tarxetas de preguntas que elaboraron as profes e os alumnos do noso centro. A nosa proposta é que aquel que complete liña ou cartón, elixa a un compañeiro para facerlle unha destas preguntas.



Esperamos que o disfrutedes!

martes, 12 de maio de 2020

domingo, 10 de maio de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

No noso colexio para celebrar este día tan sinalado no calendario escolar propoñémos a todo alumnado e as súas familias a seguinte actividade: "A miña palabra preferida".
Pinchade nas imaxes para acceder a explicación da actividade.









Adiante falimias, esperamos as vosas aportacións !!

RICARDO CARBALLO CALERO

Aquí vos deixamos un enlece a Calaméo onde poderedes consultar,  dunha máis visual,  a biografía deste autor homenaxeado nas Letras Galegas deste 2020.

Agardamos gostedes.

MES DAS LETRAS GALEGAS

O mes de maio está ligado á celebración das letras galegas e este ano no vai ser menos.
Neste 2020 este día está dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

Preme  para acceder a súa vida e obra.