domingo, 27 de marzo de 2022
DÍA DA ÁRBORE E DÍA DA AUGA
Coa colaboración do Centro de Educación Medioambiental Gaia do Concello de Burela, celebramos esta semana os Días da Árbore (luns 21) e da Auga (martes 22). O alumnado de Primaria participou no concurso "Que árbore é?", resultando gañadora a clase de 4ºB. Parabéns! O seu premio foi plantar lavandas dentro do recinto escolar. Tamén recibiron información sobre como chega a auga ás nosas casas.
sábado, 12 de marzo de 2022
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E SEMANA DA PRENSA
Esta semana celebramos o Día Internacional da Muller (8 de marzo) con diversas actividades encamiñadas a lembrar o importante papel das mulleres ao longo da Historia e reivindicar cambios e melloras que leven a unha verdadeira igualdade de xénero no mundo actual.
Tamén adicamos varios días a traballar con xornais durante esta Semana da Prensa na Escola.
Podedes ver un resume do que fixeron os nenos e nenas de Infantil premendo nesta ligazón https://youtu.be/XJGjWPvDGrU.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)