Ola chic@s, para que pasedes un fin de semana entretidos cas Letras Galegas aquí vos deixamos un "Bingo" para xogar en familia.
É un bingo no que se fala de diferentes homenaxeados neste día.
Está deseñado de forma que se poida empregar ben unha ruleta co número de homenaxeados, ben unha ruleta cos nomes.
Na seguinte ligazón podedes atopar:
- Guía dos homenaxeados co seu número correspondente.
- PDF con tódolos cartóns.
- Cartafol cos cartóns individuais.
- PDF con tarxetas de preguntas que elaboraron as profes e os alumnos do noso centro. A nosa proposta é que aquel que complete liña ou cartón, elixa a un compañeiro para facerlle unha destas preguntas.
Esperamos que o disfrutedes!
👌👌👌👌👌
ResponderEliminar