sábado, 16 de maio de 2020

PRIMEIRA ÓPERA EN GALEGO




Tivemos que esperar ata o s.XXI para poder desfrutar dunha ópera en galego.

"A amnesia de Clío" estrenouse o 10 de novembro no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. 
Está composta por Fernando Buíde e escrita polo dramaturgo Fernando Epelde, conta con Marta Pazos como directora escénica e con Paul Daniel na dirección musical. 
Está realizada pola compañía Voadora en coprodución co Consorcio da Música de Santiago, a través da Real Filharmonía de Galicia, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e o Centro Dramático Galego, ademais da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago.

Na véspera do Día das Letras, a G2 estrea, en primicia en televisión ás 23.00 horas esta ópera
Ademáis teremos a posibilidade de ver un segundo pase  na TVG ao día seguinte, tamén en horario de noite.


1 comentario: